Imprimir

CONTRATADOS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO ACCESO Á PRAZA DE ABASTOS


16/5/2014

O Concello adxudicou hoxe os traballos arqueolóxicos que se levarán a cabo para o acondicionamento do acceso á Praza de Abastos dentro do proxecto de rehabilitación destas instalacións municipais.

Estes traballos, nos que se inclúe a realización do movemento de terra que sexa necesario facer de xeito manual, fóronlle adxudicados a Roberto Bartolomé Abraira por importe de 14.217 euros, orzamento que se financiará con cargo ó Plan Urban.

O acordo tomouse na xuntanza que celebrou hoxe a Xunta de Compras.