Contratados traballos arqueolóxicos no acceso á Praza de Abastos
# Venres, 16/05/2014
O Concello adxudicou hoxe os traballos arqueolóxicos que se levarán a cabo para o acondicionamento do acceso á Praza de Abastos dentro do proxecto de rehabilitación destas instalacións municipais.
Estes traballos, nos que se inclúe a realización do movemento de terra que sexa necesario facer de xeito manual, fóronlle adxudicados a Roberto Bartolomé Abraira por importe de 14.217 euros, orzamento que se financiará con cargo ó Plan Urban.
O acordo tomouse na xuntanza que celebrou hoxe a Xunta de Compras.
Compartir: