Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo promove a integración laboral de persoas con discapacidade ou enfermas mentais a través de prácticas en empresas


# Venres, 16/05/2014
Esta mañá asinouse un convenio entre Fundación Mapfre, FEAFES e tres empresas que prestan servizos no Concello de Lugo para acoller a 8 persoas de prácticas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, o Director Territorial de Mapfre Galicia Norte, Juan Pedro Burdiel Balue, e o Director de FEAFES Galicia, Antonio Hernández Fernández, presentaron un proxecto de colaboración co que se facilitará a realización de prácticas laborais a persoas con enfermidades mentais achegándoas á realidade laboral.

López Orozco sinalou que se sinte satisfeito porque o Concello fixo de intermediario entre a asociación e as empresas “co que se posibilita as prácticas a unhas persoas que teñen máis dificultade para entrar no mercado laboral”. Ademais explicou que o Concello de Lugo traballa para a acadar a igualdade de todos os colectivos sociais.

Así, as empresas Calfensa, Lacera e Urbaser adheríronse hoxe ao programa Juntos somos Capaces da Fundación Mapfre e da que forma parte FEAFES. Con esta iniciativa permitirase que ao longo dun mes 8 mozos e mozas con enfermidade mental poidan levar a cabo a formación ocupacional e a inserción laboral a través das prácticas en empresas e nas que realizarán tarefas de limpieza ou de xardinería.

Pola súa parte, o Director Territorial de Mapfre, deu as grazas ao Concello por impulsa este acordo e explicou que en todo España son máis de 1.700 empresas as que forman parte do proxecto Juntos Somos Capaces que permite a inclusión laboral de persoas con enfermidades mentais.

Tamén, Antonio Hernández, Director de FEAFES Galicia, agradeceu a posibilidade deste novo convenio xa que “o sector co que traballamos é un dos colectivos que sufren unha maior exclusión do emprego” explicando que “o noso reto é a inclusión social dos enfermos mentais e agradecemos o apoio a empresas que permiten que membros do noso colectivo poidan incorporarse ás prácticas.”


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova