Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presentou o Cemiterio Municipal de San Froilán como candidato ao mellor cemiterio de España


# Luns, 19/05/2014
Participa en tres categorías e o fallo do concurso coñecerase no mes de outubro

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo acaba de formalizar a súa inscrición no concurso Cemiterios de España, organizado pola Asociación de Funerarias e Cemiterios Municipais (FCM) e a Revista  Adiós Cultural, en tres categorias: ao mellor cemiterio no seu conxunto, ao mellor monumento arquitectónico e á mellor escultura.

A candidatura do Concello aválase sobradamente, non só pola riqueza patrimonial das construcións funerarias que alberga o recinto, senón tamén coa súa singularidade como espazo aberto e cálido, e como lugar de repouso, reflexión e reencontro. Todo iso, xunto co seu enclave estratéxico, contribúe á súa consideración como un dos puntos relevantes de interese turístico e cultural da cidade. O obxetivo é acadar o recoñecemento como espazo de interese histórico, social e patrimonial, e concienciar á cidadanía do importante patrimonio que alberga.

A selección realizarase en dúas fases: nunha primeira, será persoal experto en historia, arquitectura, arte e cemiterios quen determine as dez candidaturas finalistas para cada categoría.  Nunha segunda fase, será o público quen a través dunha votación aberta na rede elixa aos finalistas. O fallo do xurado coñecerase no mes de outubro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova