Imprimir

O ALCALDE RECIBIU HOXE A UN GRUPO DE 23 ESTUDANTES FRANCESES QUE SE ATOPAN DE INTERCAMBIO CO COLEXIO GALÉN


20/5/2014

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe a un grupo de 23 escolares procedentes dun instituto de Charenton-Le-Pont, nas proximidades de París, aos que lles explicou o funcionamento do Concello e interesouse pola súa vida académica no país galo. Con estes alumnos, que están de intercambio co centro educativo Galén, conversou en francés e animounos a aprender o español.

López Orozco faloulles da importancia que estes intercambios de alumnos a nivel europeo teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respetarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas”. Remataron o acto entonando a Marsellesa.