Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ampliará o recinto feiral do San Froilán á Avenida Ramón Ferreiro e á Praza Nemesio Cobreros


# Martes, 20/05/2014
Carmen Basadre sinalou a intención de facer un San Froilán no que se recuperen tradicións que se foron perdendo e dando un maior espazo á artesanía

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou que o Concello de Lugo vai a ampliar o recinto feiral do San Froilán 2014.

Así, na Comisión de Festas celebrada esta mañá o equipo de Goberno propuxo ampliar a zona do recinto feiral á Avenida de Ramón Ferreiro e á Praza Nemesio Cobrero no que se permitirán os postos de artesáns e de vellos oficios, e que foi aprobada polos grupos da oposición.

Carmen Basadre explicou que no próximo San Froilán se quere recuperar algunhas das actividades que se foron perdendo ao longo do ano como son os postos de cesteiría, coiro ou vellos oficios como ferreiros. Neste sentido, a responsable da área de Cultura, tamén sinalou que “nos dous últimos anos recibimos numerosas chamadas de artesáns que estaban interesados en asistir ao San Froilán e que sempre se quedaban sen posto por falta de espazo”.

Con esta solución permitimos que sexan máis artesáns os que poida amosar e vender os seus traballos e recuperamos un pouco a esencia de feira que tiña a festa do San Froilán hai moitos anos” segundo Basadre.

 Nos próximos meses sairán as bases que teñen que cumprir os artesáns para instalarse nestas postos que serán iguais cos da Avenida Rodriguez Mourelo e cos que se agarda que poidan participar preto de 100 novos artesáns


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova