Imprimir

O ALCALDE PARTICIPA NA PRESENTACIÓN DO LIBRO DE VITA, EXPORTEIRO DO CD LUGO, "LA CATEDRAL DE LOS SUEÑOS"


20/5/2014

O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta tarde a presentación do libro “La catedral de los sueños”, do que é autor Vitalino de la Cruz, Vita, que xogou como porteiro do Club Deportivo Lugo durante dúas tempadas na década dos 70.

No acto, celebrado no Salón de Plenos da Casa do Concello, tamén acompañaron ó escritor e deportista, autoridades como a Deputada provincial Sonsoles López Izquierdo; o Xefe territorial de Deportes, Manuel Otero; así como directivos, entre eles o Presidente do Consello de Administración, José Bouso, o adestrador, Quique Setién, antigos compañeiros e xornalistas como Paco Rivera Cela e Manuel López Castro, Maloca, que tamén interviron no acto.