Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un curso de economía doméstica en colaboración cos voluntarios do BBVA


# Mércores, 21/05/2014


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
As charlas didácticas serán o 26 de xuño no Centro Convivencia de Fingoi e o 27 de xuño no Centro Convivencia da Milagrosa e para inscribirse debe facerse a través do 010 ou da oficina de Participación Cidadá

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, acompañado polo Director de zona Lugo-Ourense do BBVA, Daniel Miguel Fernández, e o responsable da zona norte do Voluntariado do BBVA, José Ramón Vázquez Fernández, presentaron un curso de economía doméstica que se vai a realizar os días 26 e 27 de xuño.

As xornadas serán o día 26 de xuño no Centro de Convivencia de Fingoi entre as 17 e as 20 horas e o venres 27 de xuño no Centro de Convivencia da Milagrosa tamén en horario de 17 a 20 horas e terán un máximo de 10 prazas cada unha delas. Para inscribirse debe facerse a través do 010 ou da Oficina de Participación Cidadá ata o mesmo dia das charlas pola mañá.

Manuel Núñez explicou que con esta actividades que se fai por primeira vez en Lugo pretendemos axudar “a organiza a economía da casa, porque temos unha perspectiva demasiado mensual dos gastos, o que fai que nos sorprendan algúns recibos como o pago do seguro do coche ou o material escolar dos nenos.”

Neste sentido explicou que un especialista da Oficina de Voluntariado do BBVA informará aos asistentes como programar os pagos anuais e como ter unha previsión dos mesmos para ver como se pode distribuír o diñeiro. “Trátase de organizar ideas, como os pagos ineludibles, os gastos fixos ou os gastos variables” segundo indicou o Concelleiro de Servizos Xerais
 
Por outra parte, Jose Ramón Vázquez Fernandez indicou que “daremos pautas de cómo se pode aforrar diñeiro nos gastos fixos, ou que gastos variables poden ser prescindibles”. Todo isto verase con casos prácticos, para que os participantes se fagan unha idea de como se pode levar a cabo o que se lles explique.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova