Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aprázanse as demostracións de patinaxe e xadrez das actividades extraescolares por mor das previsións meteorolóxicas


# Venres, 23/05/2014
Nos próximos días anunciarase a nova data das exhibicións das actividades

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral informa que debido ás malas condicións meteorolóxicas que se anuncian para mañá sábado 24 de maio vanse aprazar a exhibición das actividades extraescolares.

Así nos próximos días coñecerase unha nova data no que os nenos e nenas dos colexios públicos de Lugo participantes nas actividades extraescolares de patinaxe e xadrez poidan demostrar todo o que aprenderon durante o curso. Estaba previsto que pola mañá tivese lugar a exhibición de patinaxe e pola tarde de xadrez, ambas na Praza Maior.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova