Imprimir

APRÁZANSE AS DEMOSTRACIÓNS DE PATINAXE E XADREZ DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POR MOR DAS PREVISIÓNS METEOROLÓXICAS


23/5/2014 Nos próximos días anunciarase a nova data das exhibicións das actividades

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral informa que debido ás malas condicións meteorolóxicas que se anuncian para mañá sábado 24 de maio vanse aprazar a exhibición das actividades extraescolares.

Así nos próximos días coñecerase unha nova data no que os nenos e nenas dos colexios públicos de Lugo participantes nas actividades extraescolares de patinaxe e xadrez poidan demostrar todo o que aprenderon durante o curso. Estaba previsto que pola mañá tivese lugar a exhibición de patinaxe e pola tarde de xadrez, ambas na Praza Maior.