Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo asina un protocolo coas cidades de Braga e Astorga para a difusión das súas festas de recreación histórica


# Venres, 23/05/2014
López Orozco asistiu á sinatura do convenio xunto cos responsables das dúas cidades que tivo lugar en Braga

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá un protocolo de colaboración entre os Concellos de Lugo, Astorga e Braga para a exaltación e promoción das súas festas de orixe romanas nas tres cidades. No acto tamén estiveron a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Alcalde da Cámara de Braga, Ricardo Rio, e a Alcaldesa de Astorga, Victorina Alonso Fernández.

Con este protocolo acordan compartir a súa historia, acollendo durante as súas festas de recreación as delegacións das outras cidades, que participarán activamente nelas. Tamén ao abeiro deste convenio se van a organizar os encontros anuais das Cidades Augústeas da Gallaecia, coa que se permiten coñecer un pouco máis da historia común das tres cidades, e que este ano foi acollido polo Concello de Lugo.

O Alcalde de Lugo tamén sinalou que este convenio vai permitir conservar e enriquecer o patrimonio arquitectónico e cultural ao xuntar esforzos para promover o pasado común con actividades turísticas e culturais relacionadas con cada unha das cidade.

As cidades de Lugo, Braga e Astorga contan con festas de recreación histórica nos que se exalta o seu pasado romano como son o Arde Lucus, a Festa dos Astures e Romanos en Astorga e a festa da Braga Romana. O irmamento está motivado pola historia común das tres cidades nas que se construíron vías secundarias –as principais foron catro, modernamente numeradas dende XVII a XX– que enlazaban as cidades fundadas por Augusto co resto dos dominios romanos. Estas tres cidades, Lucus Augusti (Lugo), Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga), pasarían a ser as cabeceiras dos tres conventus (Lucensis, Bracarensis e Asturicensis respectivamente), que coa reforma de Diocleciano do ano 298 ficarían unificados baixo unha única provincia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova