Imprimir

CLAUSURADA A TERCEIRA EDICIÓN DOS CURSOS DE SEGURIDADE VIAL PRIMAVERA SEGURA


26/5/2014 O Alcalde e a Xefa Provincial de Tráfico destacan a importancia da educación vial en idades temperás  

O Alcalde, José López Orozco, e a Xefa Provincial de Tráfico clausuraron esta tarde a terceira edición do curso de educación Vial Primavera Segura, nun acto celebrado, no Parque Infantil de Tráfico, no que se entregaron os diplomas a medio cento de nenos e nenas que tomaron parte nesta actividade. Tamén participaron no acto a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, e o Director do Parque Infantil de Tráfico do Concello, José Reigosa, xunto con membros da Corporación local.


O Alcalde fixo fincapé na importancia da colaboración entre o Concello e a Dirección Xeral de Tráfico para formar ós futuros cidadáns no respecto ás normas de circulación e en materia de seguridade vial. Tamén anunciou López Orozco que nas vindeiras semanas realizarase a convocatoria dos cursos de verán que se imparten cada ano no Parque Infantil de Tráfico do Concello.

Pola súa parte, a Xefa Provincial de Tráfico destacou que proxectos coma este teñen unha importancia primorcial na loita contra a accidentalidade no tráfico. 

Os cursos, que se impartiron entre o 7 de abril e o 23 de maio no Parque Infantil de Tráfico, contaron coa participación de 51 nenas e nenos de entre 8 e 14 anos que se inscribiron gratuitamente nesta actividade destinada a fomentar o coñecemento da normativa de seguridade viaria.

Os alumnos completaron, coas prácticas no Parque Infantil de Trñafico, a formación  teórica que xa recibiran durante o primeiro trimestre do curso escolar nas aulas dos colexios nos que están escolarizados.

No programa Primavera Segura, os nenos e nenas asistiron a cursos dunha semana de duración, que se impartiron de lunes a venres en horario de tarde, nos que aprenderon a conducir karts e bicicletas respectando os sinais de tráfico e simulando situacións reais de circulación como o cruce de viais con e sen prioridade, a circulación por rotondas, e a repectar sinais de stopo ou o paso de peóns, entre outros.