Imprimir

O CEMITERO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN ACOLLE UN ACTO MÚSICO-POÉTICO ADICADO A TODAS AS NAIS


27/5/2014 O Concerto será este xoves 29 de maio a partir das 19 horas e haberá un servizo de buses especial dende a parada de Sindicatos

O Cemiterio Municipal San Froilán de Lugo será o marco do concerto homenaxe a todas as nais e á exaltación da figura materna que se celebrará este xoves 29 de maio ás 19 horas na Capela do Cemiterio.

Nesta ocasión, vasie en celebrar unha lectura de poemas e textos adicados ás nais coa colaboración dos nenos e nenas que queiran participar, que se complementará cunha interpretación musical a cargo da soprano lucense Paloma Suanzes.

A intención da Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, é facer unha homenaxe ás nais mediante a exaltación dos sentimentos de agarimo, afecto, protección e tenrura que inspiran e dos cales todos e todas nos faremos partícipes.

Con este acto trátase, ademais, de continuar coa liña dinamizadora do cemiterio a través de actividades coas que se vaia incorporando á vida social e cultural da cidade e que sirvan para que a sociedade volva asumir dun modo natural e exento, na medida do posible, de matices tráxicos, a continuidade do ciclo vital e polo tanto a existencia da morte como unha fase mais do noso paso pola vida.

Para facilitar a asistencia do público interesado, o Concello poñerá a disposición da cidadanía un autobús urbano con saída desde Sindicatos (Ronda Muralla) ás 18:30 h e regreso desde o Cemiterio ao punto de partida ás 20:00 h.