Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus conta cunha edición especial de azucarillos de Cafés Candelas


# Martes, 27/05/2014
O Se distriuirán un total de 3,5 millones de unidades en locales de hostelería de toda Galicia, para promocionar la fiesta romana de Lugo

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Directora de Márketing de Cafés Candelas, María Díaz, presentaron os azucarillos do Arde Lucus que esta empresa vai distribuir nos establecementos hosteleiros de toda Galicia.

Carmen Basadre explicou que “esta nova iniciativa supón un aumento da publicidade do Arde Lucus e nesta época é moi importante colaborar entre entidades para dar a coñecer as cousas boas que temos e que atraen a numerosos turistas”. “O feito de que calquera persoa en calquer punto de Galicia ao tomar un café vexa o anuncio do Arde Lucus nos azucarillos tamén é un boa maneira de lembrarlles esta festa romana” segundo Basadre.

Trátase dunha edición especial de azucarillos que levan impreso por unha das caras Arde Lucus 2014 e que se distribuirán un total de 3,5 millóns de azucarillos en locais de hostelería de toda Galicia.  O deseño inclúe, por unha cara, o logotipo da Muralla romana do Concello de Lugo pero versionada baixo o nome de Arde Lucus Lugo 2014. A outra cara é unha presentación de bandeirolas clásicas con imaxes propias da época romana, como unha moeda, un casco romano, un capitel e un emperador.

María Díaz sinalou que Cafés Candelas con esta iniciativa pon de manifesto a súa vinculación á cidade de orixe da compañía e o seu apoio a inicitivas sociais e culturais que favorecen o consumo da marca entre os consumidores. Ademais tamén estarán os días do Arde Lucus na Praza Maior repartindo café e azucar para aquelas persoas que pasen por alí.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova