Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora no III Encontro Lucus a pé que terá lugar o 8 de xuño


# Martes, 27/05/2014


O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, colabora coa Sociedade Micolóxica Lucus na organización do III Encontro sendeirista e cultural Lucus a pé, que terá lugar o domingo 8 de xuño.

A ruta, que na edición do ano pasado contou coa participación dunhas 600 persoas, está deseñada especialmente para que os participantes coñezan e admiren os monumentos máis emblemáticos da cidade de Lugo e parte do seu magnífico cinto verde. 

Tamén haberá un acto de recreación histórica cunha comitiva de lexionarios romanos e entregarase un tentempé e unha bolsa de comida, que serán gratuítos para as asociacións. 

O Lucus a pé comezará ás 10.00 horas coa reunión e recepción dos participantes na rúa San Marcos, fronte ó edificio da Deputación e concluirá no espazo verde do Club Fluvial de Lugo, sobre as 14.30 horas. 

Para información e inscricións, pódese visitar a páxina web www.smlucus.org/lucusape.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova