Imprimir

MAÑÁ ÁBRESE O PRAZO DE SOLICITUDE PARA AS SUBVENCIÓNS DAS CELEBRACIÓNS LUME NOVO


28/5/2014 As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo antes do 20 de xuño

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura, informa de que a partir de mañá xoves 29 de maio, estará aberto o prazo para a solicitude de subvencións para a celebración de Lume Novo nas parroquias, barrios ou núcleos poboacionais do municipio de Lugo.

A  cantidade total establecida para esta actividade é de 8.500 euros, que se repartirá por igual entre todas as solicitudes presentadas. Só se concederá unha axuda por parroquia, barrio ou núcleo poboacional, e no caso de haber máis dunha solicitude, terase en conta a de máis representatividade e tradición histórica.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Lugo antes do 20 de xuño de 2014 para o Lume Novo. As bases poden consultarse no BOP número 120 de 28 de maio de 2014.