Cargando....
Concello de Lugo
28/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Na Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá traballouse na coordinación da seguridade do Arde Lucus


# Mércores, 28/05/2014
O Alcalde e o Subdelegado do Goberno presidiron a reunión na que se estableceron as medidas para previr accidentes derivados da aglomeración de persoas durante a festa

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, presidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade que tivo lugar esta mañá no Concello para deseñar o dispositivo de seguridade que se porá en marcha con motivo da celebración da festa do Arde Lucus, que terá lugar os días 13, 14 e 15 de xuño.

Na xuntanza tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, así como mandos das Policía Local, da Policía Nacional, bombeiros e Protección Civil.

Unha vez finalizada a reunión, o Alcalde,  explicou que no encontro se tratou a coordinación das distintas forzas e corpos de seguridade así como os de Protección Civil para garantir que non exista ningún tipo de incidente nos distintos actos programados. Así, repartiuse diferentes documentación coa información detallada dos distintos itinerarios e actividades previstas durante os tres días de festa.  Ademais, López Orozco, indicou que este ano haberá “tolerancia cero cos vendedores ilegais que se colocan polas rúas”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova