Cargando....
Concello de Lugo
14/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes do EPAPU de Lugo visitaron as instalacións do CEI e do Espazo>Lab


# Mércores, 28/05/2014
Tamén recibiron unha charla sobre motivación para o emprendemento e de cooperativismo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixo entrega dos diplomas acreditativos do curso aos 20 alumnos do centro EPAPU de Lugo que visitaron as instalación do CEI-Nodus e do Espazo>Lab.

Ao longo da mañá os estudantes visitaron as instalacións municipais nas que puideron falar con empredendores que están iniciando a súa traxectoria empresarial nos viveiros de empresas e recibiron unha charla de Motivación para emprender e realizaron un obradoiro de cooperativismo.

Esther Muñóz animounos a seguir formándose para poder levar a cabo as ideas emprendedoras que teñan e que son un nicho de emprego destacado ademais de lembrarlles que “nestas instalacións temos moi bos profesionais que vos poden orientar de cara o voso futuro laboral”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova