Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo tarda menos de 10 días en pagar as facturas


# Xoves, 29/05/2014
No primeiro trimestre o Concello pagou o 97% das facturas en menos de 30 días

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, fixo públicos hoxe os resultados do informe de morosidade do Concello de Lugo correspondente ó primeiro trimestre de 2014 que volve deixar en evidencia a boa xestión económica da institución local.

Dacordo co informe oficial da Tesourería municipal, que foi presentado hoxe na Comisión de Contas, o período medio de pago a proveedores do Concello de Lugo entre xaneiro e marzo foi inferior a 10 días.

Segundo consta no informe, o período medio de pago foi, concretamente, de 9,95 días, “a metade do que tarda en pagar a Xunta de Galicia”, explicou Sonia Méndez. 

“Eu sei que estes datos lle molestan moito ó Partido Popular, pero o certo é que o Concello de Lugo é unha das administracións de Galicia e mesmo de España que mellor paga ós proveedores”, salientou a Concelleira de Economía.

Sonia Méndez explicou que os datos proban que “as medidas que implantamos para que esto fora posible, como o rexistro centralizado de facturas, están a dar os seus froitos”. Aínda así, matizou que o Concello quere seguir mellorando e dixo que “non nos conformamos e queremos conseguir cada vez mellores ratios porque é fundamental que os proveedores, en especial as pequenas empresas, cobren puntualmente”.

O período medio de pago é un indicador que mide o número de días promedio que se tarda en realizar o pagamanento e obtense calculando o tempo transcorrido dende a data de aprobación das facturas ata a data na que se realiza o pagamento material das mesmas.

O informe da Tesourería municipal tamén reflicte que, no primeiro trimestre do ano 2014, realizouse o pagamento de 1.527 facturas, por un importe global de 10.361.467,75 euros.

O 97% das facturas, 1.475, foron pagadas dentro do prazo establecido de trinta días e o seu importe ascendeu a 10.339.901,99 euros. Pasado ese prazo de trinta días pagáronse 52 facturas e o seu importe ascendeu a 21.565,76 euros.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova