Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo detecta un aumento das solicitudes de emerxencia social no primeiro trimestre do ano


# Xoves, 29/05/2014
A Concelleira de Benestar Social explicou que os datos dos que se deron conta na reunión do Consello Local de Servizos Sociais son preocupantes

Imaxe Asociada
González Abelleira afirmou que “o Goberno Local vai a seguir invertindo en benestar social porque vemos que os veciños e veciñas o necesitan e que outras administracións non fan nada para palialo”


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, deu conta esta mañá dos datos que se presentaron no Consello Local de Servizos Sociais e dos que se mostrou “preocupada polo aumento de persoas que solicitaron axuda durante este primeiro trimestre do ano”.

O perfil das persoas usuarias segue sendo unha muller de 30 a 64 anos que vive na zona urbana e con insuficiencia de recursos, en moitos casos motivados pola falta de traballo. “Un dato moi importante é o incremento de demanda de axuda que se nos está manifestando por perda de emprego ou por materias relacionadas co emprego que pasa de ser o 9,5% no 2013 ao 11,2% no 2014 o que indica o problema de insuficiencia de recursos nas familias” segundo explicou Ana G. Abelleria.

Ademais, se no primeiro trimestre do 2013 foron 3.236 as persoas que acudiron aos Servizos Sociais, no primeiro trimestre do 2014 aumentaron un 25%, atendendo a 4.316 usuarios dos que 446 acudian por primeira vez a este servizo. Esta cifra duplicouse con respecto ao ano 2013 que as persoas as que se lles abriu un expediente por ser a primeira vez que acudían foi de 265.


Tamén en Emerxencia Social houbo un notable incremento do gasto con respecto ao ano pasado subindo un 15% así, durante o 2014, xa se deron axudas por valor de 65.315 euros, 10.000 euros máis que no mesmo periodo do ano pasado. 

A responsable da área de Servizos Sociais manifestou que “que os datos que manexamos non indican que a situación económica mellore senón todo o contrario, e o Goberno Local, a pesar de ter o presuposto prorrogado, imos seguir traballando día a día para que os veciños e veciñas teñan os recursos básicos cubertos”.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova