Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O II Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros celébrase entre os días 6 e 7 de xuño en diferentes puntos do centro de Lugo


# Xoves, 29/05/2014


Imaxe Asociada
O FIBES é unha iniciativa pioneira en Galicia que xurdiu o ano pasado na Escola de Imaxe e Son da Deputación de Lugo


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto coa Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron o II Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros (FIBES).

Carmen Basadre explicou que “o Concello vai apoiar todas as iniciativas novidosas como esta” ademais de lembrar que ante a actual época económica “é moi importante seguir apoiando a cultura porque é o que nos fará máis libres e con capacidade de decisión”.

O FIBES terá lugar os días 6 e 7 de xuño, en varios balcóns e espazos públicos do casco histórico de Lugo, con actuacións musicais e espectáculos de rúa, durante todo o día. Trátase dun festival multidisciplinar, no que haberá concertos e representacións teatrais para todos os públicos. Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia que naceu o ano pasado na Escola de Imaxe e Son (EIS) e que este ano organizan dous alumnos de 2º de Produción coa tutela da TIC. 

Pola súa parte, Regina Polín explicou que “se trata dun exemplo de iniciativa innovadora e con proxección de futuro que xurdiu na Escola. Neste caso, trátase dun proxecto do curso pasado do alumnado de 1º de Produción, dentro do módulo de Planificación, Espectáculos e Eventos, que tralo éxito da primeira edición, agora organizan dous dos nosos alumnos baixo a tutela da TIC”. No acto, que tivo lugar no Concello lugués, tamén participaron os dous alumnos, Marco Amor e Alejandro Losada, que se encargaron da produción e organización do evento e o representante de Lugauto, Carlos Cal, que colabora no evento.

A TIC aporta o material de vídeo e fotografía necesario para o desenvolvemento do festival. Ademais, un equipo de alumnos e bolseiros, baixo a supervisión de profesionais da TIC, realizarán a gravación íntegra do FIBES 2014. 

O programa do festival é o seguinte:

Venres, día 6
11.00 horas: Pablo Balseiro, no balcón do Pazo de San Marcos
12.25 horas: Sunday Morning Club e sorpresa engadida, no hotel Méndez Núñez
17.30 horas: Rockatansky Brothers, nas escaleiras da praza Maior
19.30 horas: Charanga Madialeva, na praza do Campo
20.45 horas: The Grave Dolls + Microefectos Dramatúrxicos, na praza Campo Castelo
22.30 horas: Cats and Monkeys, na praza Campo Castelo

Sábado, día 7
“Encontro Itinerante de Vespas”, na praza Campo Castelo.
 Recepción de vespas ata as 14:00 horas, con inscrición gratuíta. A partires das 14:30 horas, “Ruta barítima” por diferentes bares da capital, e unha “Ruta por estrada” dende Lugo a Portomarín.  A chegada está prevista para as 19:00 horas. As 20:30: concerto de Mr Magoo, que presentará o seu novo disco “Guerrera”, e fin de festa con DJ Dr. Think.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova