Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta esta tarde o proxecto de remodelación da Praza de Abastos, que forma parte dun ambicioso plan para facer máis atractiva esta emblemática zona de Lugo


# Xoves, 29/05/2014
A remodelación da Praza de Abastos de Lugo suporá un investimento de máis de 1 millón de euros e será financiada polo Plan Urban

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía anuncia que as obras comezarán este verán co cambio da cuberta do histórico edificio, tal e como pediron os placeiros

O proxecto para dinamizar a Praza de Abastos, deseñado pola empresa pública Mercasa, suporá mellorar a accesibilidade do edificio e a súa conexión co parking de Santo Domingo 


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, avanzou esta mañá as principais liñas do proxecto de remodelación da Praza de Abastos, redactado pola empresa pública Mercasa e que se vai presentar hoxe mesmo ós titulares de postos destas instalacións municipais. O acto terá lugar ás oito da tarde no Centro de convivencia Uxío Novoneyra e será presidido polo Alcalde, José López Orozco. 

Sonia Méndez suliñou que a remodelación da Praza de Abastos levarase a cabo tendo en conta as peticións que fixeron chegar os placeiros. Esta actuación é unha das principais intervencións dun Plan integral para a zona que está a desenvolver o Concello de Lugo e que se leva a cabo grazas ó Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea, a través do FEDER, e conta tamén con fondos achegados polo Concello e a Deputación provincial.

A Concelleira de Economía explicou que o Concello de Lugo aposta pola  dinamización da Praza de Abastos e o Mercado porque defende que sigan a ser de titularidade municipal  “pola importancia que teñen as prazas e mercados como foco de atracción turística, porque axudan á protección de edificios emblemáticos nos que están situados, ademais  promoven hábitos de alimentación saudables e tamén favorecen economía local grazas a que se consumen máis produtos autóctonos e son, en definitiva, lugares de convivencia veciñal e familiar”.

Méndez anunciou que o proxecto de remodelación da Praza de Abastos, a falta da súa concreción definitiva, suporá un investimento total que vai superar 1 millón de euros e realizarase en dúas fases.  

O proxecto deseñouno a empresa pública estatal Mercasa, que é especialista en mercados maioristas e minoristas de distribución alimentaria; ten unha traxectoria de 30 anos nos que realizou 180 intervencións en mercados minoristas tanto en España como no estranxeiro. 

A primeira intervención será o cambio da cuberta do edificio, atendendo á solicitude dos industriais que pediron que se fixera canto antes, e a adecuación exterior do edificio no que está previsto actuar sobre todo na fachada de Santo Domingo, xa que se vai refacer a entrada á planta semisoto . Esta fase da obra terá un presuposto de 394.000 euros e está previsto que comece no verán.  

A segunda fase da remodelación realizarase no interior do edificio e ten o obxectivo de mellorar o aproveitamento da superficie, cunha nova distribución de usos e melloras tanto na eficiencia enerxética como na xestión de residuos. Así, está previsto liberar o espazo central da primeira planta para lograr unha maior visibilidade de todo o interior do edificio e ampliar as zonas de tránsito. 

Unha das principais intervencións nesta segunda fase será a comunicación da Praza de Abastos co parking soterrado de Santo Domingo, o que permitirá dotala dunha zona de aparcamento. A conexión farase a través dun pasillo de comunicación, unha vez que os técnicos determinaron que esta solución é viable. A creación desta comunicación permitirá, ademais, poñer en valor os restos da calzada romana que se descubriron na excavación para construir o tunel. 

Tamén se proxecta mellorar a accesibilidade e ordenación das comunicacións con escaleiras mecánicas interiores e escaleiras propias para industrias e proveedores e se porán ó día todas as instalacións, sistemas de comunicación e renovación de aseos; executaranse os traballos previstos no estudo de residuos e na auditoría enerxética, que inclúen un cuarto de residuos preparado para a recollida selectiva e a adaptación da iluminación, aillamento externo, climatización, etc. 

Outras actuacións proxectadas son a reordenación de toda a zona de servizos da pranta semisoto, así como a creación dunha zona apta para o mercado de martes e venres e para a celebración doutro tipo de eventos e a renovación da cartelería e rotulación do conxunto da Praza e dos postos.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova