Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado a Praza Horta do Seminario acolle unha das probas do Campionato Galego de Escalada en Bloque


# Xoves, 29/05/2014
Participarán os mellores deportistas de escalada de Galicia entre as 10 e as 19 horas



Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, e o Presidente do Clube de Montaña o Veral, Diego Muíño, presentaron o Campionato Galego de Escalada en Bloque 2014 que se celebra este sábado 31 de maio na Praza Horta do Seminario.

Díaz Grandío explicou que “esta é a primeira vez que unha proba deste campionato se fai en Lugo” e agradeceu á Federación de Galega de Montañismo “que pensaran na nosa cidade para este evento”. Durante a duración da proba participarán entre 30 e 40 deportistas especializados na escalada.

Pola súa parte, Diego Muíño, explicou que se vai instalar unha plataforma artificial con módulos de madeira de 7 metros de ancho por 4 de alto e con diferentes niveis de dificultade que os inscritos na proba terán que ir pasando. “É unha proba moi chamativa pola estética da plataforma e o esforzo que teñen que facer os participantes ademais de que estarán os mellores de Galicia” segundo explicou Muíño.

Así, dende ás 10 horas da mañá, as persoas que se acheguen á Praza Horta do Seminario, poderán ver como profesionais da escalada intentan superar os circuitos que se lles van poñer e os que máis fases pases pasen chegarán á proba final. Esta terá lugar dende as 16 horas ata as 19 horas e ao remate farase a entrega de premios. 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova