Imprimir

O ALCALDE VISITOU A NOVA EXPOSICIÓN ELABORADA POLO COLEXIO DIVINA PASTORA E QUE ESTÁ BASADA NA CONSTRUCIÓN DA MURALLA DE LUGO


29/5/2014 Este ano recrearon a construcción e a historia da Muralla de Lugo pedra a pedra


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegáronse á exposición que co motivo do Arde Lucus celebra o Colexio Divina Pastora- Salesianos, como veñen facendo dende o ano 2008.

Nesta ocasión, a exposición xira entorno á construción e a historia da Muralla de Lugo a través de diferentes épocas e acompañada por maquetas, infografias e fotografías que ilustran como foi a Muralla e como evolucionou ata o día de hoxe. A exposición foi realizada polos propios profesores, pais e nais e alumnos.

López Orozco felicitou a todos os que participaron na elaboración da exposición e “recomendouna para que a poidan visitar todos os lucenses xa que con elo aprenderían a historia da nosa Muralla”.