Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A próxima semana celebraranse exposicións dos traballos realizados por alumnos dos obradoiros de Animación Sociocultural


# Venres, 30/05/2014
As mostras dos traballos permanecerá instaladas a semana que vén nos Centros de Convivencia de Fingoi, María Balteira e Uxío Novoneyra

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa de que a semana que vén terán lugar as exposicións de traballos realizados por alumnos dos obradoiros de Animación Sociocultural 2013-2014.

Estas exposicións dos traballos realizados en distintos obradoiros de tipo artístico-manual celebrarase a próxima semana nos Centros de Convivencia de Fingoi, María Balteira e Uxío Novoneyra. As exposicións poderán visitarse nos horarios habituais de aperturas dos distintos centros.

No Centro de Convivencia de Fingoi a exposición celebrarase do 2 ao 8 de xuño. Expoñeranse os traballos realizados nos obradoiros de labores, pintura ao óleo, macramé, iniciación ao tear tradicional, cestería e traballos en coiro.

Os traballos que se expoñen no Centro de Convivencia María Balteira do 2 ao 6 de xuño son os realizados nos obradoiros de traballos manuais, pintura ao óleo e labores. O número de persoas participantes nestes obradoiros foi de 32.

Con respecto ao Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, a exposición celebrarase do 3 ao 10 de xuño e expoñeranse os traballos realizados polas persoas participantes nos obradoiros de fíos e teas, pintura, traballos manuais e encadernación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova