Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello investirá máis de 42.000 euros na mellora do pavimento da rúa Camiño de Romai


# Venres, 30/05/2014


O Concello adxudicou hoxe as obras de pavimentación e servizos na rúa Camiño de Romai, no treito comprendido entre as rúas Tres Marías e Casas Vellas (escalinata) por un importe de 42.370 euros.

As obras consistirán no arranxo do pavimento e as beirarrúas, así como na canalización para a instalación eléctrica e realizaranse no prazo de dous meses. A Xunta de Compras adxudicou este proxecto, para o que presentaron ofertas cinco empresas, a compañía Sanle. 

A Concellería de Infraestruturas e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, explica que se trata dunha obra que ten complexidade técnica dada a gran pendente da rúa e que con ela aténdese unha necesidade moi demandada polos veciños e veciñas da zona.

O Concello tamén está a punto de comezar tres obras de mellora do pavimento na rúa Mazaira e nas parroquias de San Salvador de Muxa e San Mamede dos Anxos.

Hoxe mesmo, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, asinou os contratos coa empresa Explotaciones Gallegas para a execución destas obras.

A rexeneración do pavimento na rúa Mazaira ten un presuposto de 68.747 euros e un prazo de execución de dous mese. A pavimentación do acceso ó núcleo de San Mamede dos Anxo, treito Igrexa de Conturiz núcleo de San Mamede dispón dun orzamento de 69.277 euros e un mes de prazo de execución. A terceira, a rexeneración de pavimento en San Salvador de Muxa, suporá o investimento de 57.617 euros e a obra deberá estar feita nun prazo de dous meses.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova