Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

As obras para remodelación e unión do Calexón do Hospital e do Carril do Son comezarán no mes de xuño


# Venres, 30/05/2014
O Alcalde de Lugo explicou que é unha obra moi importante que ten un presuposto de case 300.000 euros e que será un revulsivo para esa zona do casco histórico

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Sonia Méndez asinou hoxe o contrato para a remodelación das instalacións do Mercado de Quiroga Ballesteros


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e a Deputada de Economía e Facenda, Pilar García Porto, presentaron o proxecto de rehabilitación do Calexón do Hospital e Carril do Son e que comezarán as obras no mes de xuño.

Este proxecto do Plan Urban, cofinanciada nun 80% pola Unión Europea, xunto co Concello e a Deputación provincial, ten un presuposto  de 297.467 euros e un prazo de execución de seis meses e vai supoñer a recuperación e adecentamento dun novo espazo público no que se poderán abrir as fachadas traseiras de negocios establecidos en San Marcos.

López Orozco explicou que con esta obra se vai a incluir a demolición de garaxes e outra construción adosada ó convento das Agustinas Recoletas, que xa se expropiaron e que se urbanizará unha superficie de algo máis de 1.000 m² de ambos calexóns, que serán de uso peonil.  Desta maneira, os calexóns quedarán unidos e esto permitirá acceder dende a Praza de Santo Domingo á rúa Quiroga Ballesteros por detrás do convento.

Para a realización da obra vanse usar os materiais empregados no Casco Histórico como é o pavimento de granito, modelos de farolas e papeleiras empregadas no contorno e unha liña de bancos de madeira de liñas sinxelas. Tamén se van a recuperar as fachadas do convento afectadas polas demolicións con iluminación monumental a través de proxectores encastrados no pavimento.

O Alcalde de Lugo lembrou que “esta obra forma parte do Plan estratéxico para esta zona do Casco histórico e que conta cun investimento global de máis de 2,5 millóns de euros que mellorarán o aspecto desa zona”.  Con este plan fixéronse unha serie de actuacións como o Plan de cor I-Cor para darlle nova vida ós edificios do Ensanche da Ramalleira, a remodelación da Praza de Abastos que se presentou onte, a remodelación do Mercado, a conexión da Praza de Abastos co aparcamento soterrado de Santo Domingo, a posta en servizo dunha páxina web para que os industriais poidan vender produtos a través das novas tecnoloxías, e o Plan de humanización da rúa Quiroga Ballesteros.

Mercado de Abastos
Ademais, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, asinou esta mañá o contrato para a remodelación do Mercado de Abastos cun presuposto de 341.106,84  euros e no que se vai a realizar unha modernización dos accesos e do espazo central para favorecer o desenvolvemento de novos usos. Ademais tamén se vai mellorar os elementos do mobiliario, iluminación, e acabados en xeral do espazo para conseguir un ambiente agradable.

Esta obra lévase a cabo grazas ó Plan Urban, que cofinancia ó 80% a Unión Europea, a través do FEDER, e conta tamén con fondos achegados polo Concello e a Deputación provincial.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova