Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá martes 3 de xuño póñense á venda as entradas para o Circo Romano e Duelo de Deuses do Arde Lucus


# Luns, 02/06/2014
Poderase realizar a compra de entradas a través da web http://entradas.lugo.es

Mañá martes 3 de xuño estarán a venda as entradas para os actos do Arde Lucus, o Circo Romano e o espectáculo Duelo de Deuses, e que este ano presentan novidades. As entradas poderanse mercar a través da páxina web do Concello en http://entradas.lugo.es

Como en anos anteriores, o prezo é de 2 euros por entrada. Este novo sistema de pago a través do servidor do Concello é segura e non ten ningún cargo engadido. O que se fai é introducir os datos da tarxeta a través da TPV de Novagaliciabanco  que automaticamente fai o ingreso na conta do Concello de Lugo.

Os espectáculos para os que se poñen en venda as entradas son:

Duelo de Deuses
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 13 de xuño
Hora: 00:00h
 
Circo romano
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 14 de xuño
Hora: 18:00h
 
Circo romano
Lugar: explanada pavillón municipal
Data: 15 de xuño
Hora: 18:00h


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova