Imprimir

O ESCRITOR JERÓNIMO TRISTANTE SERÁ O PROTAGONISTA DAS TERCEIRA CATAS LITERARIAS DO MIHL NO QUE SE MESTURA LITERATURA, GASTRONOMÍA E MÚSICA


2/6/2014 Nesta iniciativa da Concellería de Cultura colaboran sete librarías de Lugo que proporcionan material do autor durante a sesión

O mércores 11 ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire terá lugar o festival de fin de curso da Casa das Linguas

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre,  anunciou ao escritor protagonista da terceira Cata Literaria, Jerónimo Tristante, que estará o xoves 12 a partir das 20 horas con todas as persoas que se acheguen polo MIHL.

Carmen Basadre indicou que “esta actividade novidosa está tendo bastante éxito e por iso traemos a autores de todos os estilos para que as persoas aficionadas á lectura poidan compartir un anaco con él”.

JerónimoTristante é un escritor que traballa con textos de misterio e aventuras do que destaca o seu personaxe Victor Ros que ademais será o protagonista dunha serie de televisión que se estreará na canle Televión Española a partir de setembro de 2014.  Este autor caracterízase por empregar unha rigorosa documentación histórica para ambientar e crear situacións e personaxes. Ata o momento publicou sete novelas, Crónica de Jufré, El rojo en el azul, El misterio de la Casa Aranda, El caso de la viuda negra, El tesoro de los nazareos, 1969, El enigma de la calle Calabria, El Valle de las Sombras, Océanos de tiempo e La última noche de Victor Ros.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén hai comida elaborada polos alumnos do Ciclo Superior de Cociña e Restauración do IES San Xillao, que farán un menú especial ademais de viño da Ribeira Sacra a cargo de Adegas Miguel Ángel Garrido. Tamén, durante o evento, os grupo de música Alupa Jazz Trío

Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que está a venda na Biblioteca Municipal da Milagrosa (luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00), no Centro de Interpretación da Muralla, (luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00), no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), (luns a sábado, de 16:30 a 19:00), nas propias librerias participantes e na web entradas.lugo.es .


Casa das Linguas
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, tamén adiantou que o mércores 11 de xuño terá lugar o festival de fin de curso da Casa das Linguas ás 19.30 horas no Auditorio Gustavo Freire.

Durante o acto os asistentes a diferentes cursos realizaran diferentes representacións e contará con sorpresas preparadas polos propios alumnos. Tamén lembrou que “durante este curso foron máis de 550 persoas as que participaron nas actividades e cursos da Casa da Lingua” seguno Basadre.