Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visitou a exposición de traballos do Centro de Convivencia Uxio Novoneyra


# Martes, 03/06/2014
Estes traballos elaboráronse nos diferentes cursos organizados pola Concellería de Benestar Social e Igualdade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Gonzalez Abelleira, visitaron esta mañá a exposición do Centro de Convivencia do Uxio Novoneyra na que se recollen moitos dos traballos realizados nos obradoiros de animación sociocultural que se estiveron desenvolvendo ata agora.

Desta maneira, os centros de convivencia do Concello recollen, como ven sendo habitual nos últimos anos, unha exposición na que poderemos ver os traballos realizados por alumnos e alumnas que acudiron ás actividades de pintura, labores, ou traballos manuais.As exposicións poderán visitarse nos horarios habituais de aperturas dos distintos centros.

No Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, a exposición celebrarase do 3 ao 10 de xuño e expoñeranse os traballos realizados polas persoas participantes nos obradoiros de fíos e teas, pintura, traballos manuais e encadernación.

Por outra parte, no Centro de Convivencia de Fingoi a exposición celebrarase do 2 ao 8 de xuño. Expoñeranse os traballos realizados nos obradoiros de labores, pintura ao óleo, macramé, iniciación ao tear tradicional, cestería e traballos en coiro.

Os traballos que se expoñen no Centro de Convivencia María Balteira do 2 ao 6 de xuño son os realizados nos obradoiros de traballos manuais, pintura ao óleo e labores.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova