Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo 8 de xuño realizarase unha visita guiada do programa Terras de Auga e Cultura


# Mércores, 04/06/2014
Os interesados poden inscribirse no teléfono 010 ou na Oficina Municipal de Turismo

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar nunha nova visita turística organizada dentro do programa "Terras de Auga e Cultura". Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo, día 8 de xuño, e consistirá na ruta do vello Lugo Agrairo e Centro de Interpretación Avifauna.

Nesta ocasión a temática da excursión do programa Terras de Auga e Cultura é a natureza e estará conducida polo biólogo Martiño Cabana.

O percorrido que realizarán os participantes comezará cunha ruta do Vello Lugo Agrario que transcorre polas aldeas de Santalla de Bóveda e San Miguel de Bacurín, e pola tarde visitarase o Centro de Interpretación Avifauna.

Da man de Martiño Cabana, os participantes descubrirán a riqueza medioambiental das terras do río Mera e no centro Avifauna gozarán coas espectaculares aves que viven no único Parque Zoolóxico Ornitolóxico que existe en Galicia.

Recoméndase levar comida e bebida para o xantar e vestir roupa e calzado cómodos para camiñar.

A entrada a Avifauna ten o prezo establecido por este centro: 5 euros para os adultos, 3 euros para os nenos menores de 9 anos e 4 euros para maiores de 65.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 19.00 horas.

Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo-CIM (982 251 658), Praza do Campo, 11. Máis información www.lugoturismo.com.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova