Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Ante o éxito de anteriores edicións o Concello de Lugo presenta o Arde Lucus en Madrid


# Mércores, 04/06/2014
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua animaron aos madrileños a pasar a fin de semana do 13 ao 15 de xuño en Lugo para que revivan o pasado romano

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Destacaron que todas as persoas que viaxen entre os días 10 e o 17 de xuño a Lugo nos autobuses Alsa terán un desconto do 25% nos billetes e un 15% os que viaxen en Iberia a Santiago ou A Coruña


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, acompañados polo Director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, presentaron esta mañá unha nova edición da festa do Arde Lucus en Madrid.

O obxectivo deste acto é dar a coñecer a Festa de Interese Turístico Galego en Segovia e animalos a que os días 13, 14 e 15 de xuño se acheguen a desfrutar do pasado romano cos veciños e veciñas de Lugo. No acto estiveron acompañados por unha representación de romanos e o César de Lucus Augusti.

López Orozco sinalou que ante a vista do éxito da presentación anterior en Madrid quixemos volver a animar aos madrileños a que se acheguen á Lucus Augusti ademais de que “este ano hai descontos nos billetes do Grupo Alsa e, como novidade, en billetes aéreos de Iberia aos aeroportos de Santiago de Compostela e A Coruña”.

Pola súa parte, Carmen Basadre deu as grazas polo recibimento e a oportunidade para presentar unha festa “moi nova no tempo pero cunha gran representación na que todas as persoas que se acheguan se involucran para dar un mayor realismo á festa”. Destacou tamén que dende o Concello se traballa moito para sorprender a veciños e visitantes con novas actividades para o desfrute de pequenos e maiores.

O Delegado da Xunta, despois das palabras de benvida, comentou “o agradecidos que temos que estar aos romanos que nos deixaron tantas cosas, dende o Dereito Romano ata o Arde Lucusm que está inspirado nesa época”.
 
A responsable do Arde Lucus, explicou que “este ano haberá máis de 200 actividades, das que máis de 70 son totalmente novas con respecto a edicións anteriores aínda que se manteñen as clásicas”. Montarase o Macellum onde se poden mercar produtos típicos, espectáculos de rúa, vodas e bautizos polo rito celta e romano, desfile de tropas ou as loitas entre romanos e castrexos. Dentro das novidades destaca a constitución dun grupo vestais ou un desfile con preto de 800 participantes das diferentes tropas e asociacións que marcharán entorno á Muralla romana.
 
Outra das principais novidades é o comezo da festa que será, por primeira vez no barrio da Ponte, coa representación da entrada das lexións romanas ao mando do Xeral Caio Antistio “O Vello” e as tropas castrexas, cunha recepción posterior a Paulo Fabio Máximo, fundador da cidade, na Praza Maior.

Nesta decimoterceira edición tamén estarán 21 gladiadores romanos de Bérgamo, os Ars Dimicandi, que por segunda vez visitan Lugo e que interactuarán cos visitantes durante as súas loitas polas rúas. Estes especialistas, participaron nas recreacións de loitas da serie de televisión Roma.

Carmen Basadre indicou que a cidade está preparando os motores da festa e explicou que cada ano conta cun maior número de visitantes chegando a reunir o ano pasado máis de 500.000 personas. Ademais tamén invitou aos segovianos a chegarse á Lugo xa que teñen un desconto do 25% nos billetes do Alsa.

Web de Arde Lucus: http://www.ardelucus.com


Descontos do 25% en Grupo Alsa e Iberia

Como novidade, a compañía aérea Iberia tamén fará un 15% de desconto aos billetes de avión con destino aos aeroportos de Santiago de Compostela e de Coruña durante as datas da festa do Arde Lucus.

Ademais, o Grupo Alsa, fará un desconto do 25% a todas as persoas que queiran achegarse a desfrutar o Arde Lucus, que se celebra os días 13, 14 e 15 de xuño. Neste sentido comprometéronse a emitir un vídeo de 20 minutos sobre o Arde Lucus e o que representa para a cidade no canal de entretemento a bordo dos que dispoñen todos os autobuses. Ademáis tamén anunciou que se fará un acordo para que as liñas internacionais de Alsa leven publicidade de Lugo por todo Europa. Un ano máis tamén se comprometen a crear un banner na páxina web (www.alsa.es ) onde se poderá obter toda a información para a compra dos billetes e sobre a programación do Arde Lucus. Dende esta aplicación farase o desconto do 25% para aquelas persoas que merquen un billete para a cidade de Lugo entre os días 10 e o 17 de xuño.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova