Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O II Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros adíase ó 20 e 21 de xuño pola previsión de chuvia


# Mércores, 04/06/2014


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica o aprazamento do II Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros (FIBES), que se celebrará os días 20 e 21 de xuño.

Os organizadores tomaron a decisión de adiar o evento porque as previsións meteorolóxicas anuncian chuvia para as datas inicialmente previstas, os días 6 e 7 de xuño, e dende a organización sinálase que tanto o éxito como a filosofía do festival reside en que éste poida realizarse en exteriores.

O II Festival FIBES encherá varios balcóns e espazos públicos do casco histórico de Lugo con actuacións musicais e espectáculos de rúa.

A organización destaca que o cartel non sofrirá grandes modificacións nin no escénico nin no musical e tampouco nas actividades previstas, así que seguirase contando con grupos como Cats and Monkeys, Guerrera ou The Grave Dolls, entroutros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova