Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os alumnos e alumnas do CEIP Illa Verde fixeron a exposición dos traballos sobre a biodiversidade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente


# Xoves, 05/06/2014
Os rapaces e rapazas presentaron os resultados dun estudo sobre xenética e crearon diferentes medios acuáticos con pequenos insectos e anfibios

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe nunha actividade que levaron a cabo alumnos do Ceip Illa Verde con motivo da celebración nesta xornada do Día Mundial do Medio Ambiente. No acto tamén estiveron membros do profesorado do centro.

A actividade consistiu na exposición do traballo realizado durante este curso por alumnos de quinto de Primaria deste centro escolar grazas a un programa de formación medioambiental que desenrola o Concello. Nesta ocasión, o tema das actividades era o respecto pola biodiversidade e os estudo de diferentes medios xa que se considera que a educacion é a mellor maneira de previr danos graves e alteracións nos medios naturais.

Este programa dirixido a alumnos e alumnas de 4º, 5º ou 6º de Educación Primaria pretende estimular aos rapaces/as para que analicen e tomen decisións baseadas no valor que para eles teñen os produtos en termos de necesidades e desexos: tamén pode axudar aos individuos a tomar decisións que poden incumbir a unha comunidade máis ampla como pode ser a escola e a familia.

As sesións remataron hoxe, Día Mundial do Medio Ambiente, coa exposición dos traballos que fixeron neste tempo e no que se inclúe un estudo xenético básico dos alumnos que participaron no proxecto e unha recreación de medios acuáticos comúns nas zonas próximas ao Rio Miño.

Logo de asistir á exposición dos traballos, o Alcalde recoñeceu sentirse sorprendido pola presentación dos traballos, “todos eles dunha alta calidade “ e incidou en que “non hai mellores persoas para concienciar sobre a necesidade de cuidar do medio ambiente como os máis pequenos”. López Orozco tamén salientou a importancia de que os profesores se involucraran nesta iniciativa que promove o Concello para formar cidadáns respectuosos co medio ambiente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova