Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Este domingo celebrarase no Parque de Frigsa a última proba do circuíto Corre Con Nós de adultos


# Venres, 06/06/2014
A última proba para os nenos celebrarase mañá nas pistas de atletismo da Cidade Cultural co obxectivo de achegar o atletismo en pista aos máis pequenos

Despois de oito carreiras disputadas e unha media de 1.500 corredores en cada unha delas, a décimo cuarta edición do Circuíto Corre Con Nós chega esta semana á súa fin e faino coa celebración de dúas probas, unha para adultos e outra para os máis pequenos.

A última carreira para os adultos terá lugar o domingo 8 de xuño ás 12:00 horas. Os corredores sairán dende a Piscina Municipal de Frigsa para completar un trazado de 5.500 metros, que discorre polos arredores do Parque Frigsa e a Piscina Municipal.

Posteriormente, sobre as 13:15 horas celebrarase a cerimonia de entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados en todas as categorías de adultos. Á falta desta carreira, Nicolás Arrojo é, por terceiro ano consecutivo o gañador do Circuíto, mentres que en categoría feminina lidera a clasificación Carmen Vagace.

Pola súa banda, a final para os nenos terá lugar mañá sábado ás 17:00 horas nas Pistas de Atletismo da Cidade Cultural. Nesta ocasión, os menores gozarán de diferentes probas: carreira curta, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Ningunha delas terá carácter competitivo, xa que o que se pretende é achegar o mundo do atletismo en pista aos máis pequenos.

Nesta edición do Circuíto participaron un total de 3.233 corredores, dos que 2.027 son adultos e 1.206 menores. Todos os participantes recibirán un vale que poderán cambiar por unha camiseta técnica no Centro Comercial As Termas.

O Circuíto Corre Con Nós está organizado pola Concellería de Deportes e o Club de Atletismo Medio Maratón de Lugo e conta co respaldo de diferentes patrocinadores e colaboradores, sen os cales sería imposible a realización deste evento que reúne familias de atletas un domingo ao mes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova