Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
18/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O XIII Campus de Fútbol Multideporte Cidade de Lugo terá lugar entre o 23 de xuño e o 5 de xullo


# Viernes, 06/06/2014
Poderán participar rapaces e rapazas entre 4 e 15 anos e o prazo de inscrición remata o 20 de xuño

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Magín López, e o coordinador da actividade, Óscar Seijas,  presentaron o XIII Campus Multideporte Cidade de Lugo, que terá lugar entre o 23 de xuño e o 5 de xullo. 

O Concelleiro agradeceu o esforzo que realiza esta agrupación deportiva durante o ano coa organización de múltiples actividades e manifestou o seu desexo de que esta edición conte cun éxito de participación igual que en anos anteriores.

Pola súa parte, Magín López, explicou que “tratamos que estas actividades sexan como unha recompensa para os nenos polo esforzo realizado durante o ano e, de paso, unha oportunidade para que os pais poidan deixar aos rapaces en actividades deportivas”.

Nesta actividade poden tomar parte nenos de entre 4 ao 15 anos que practicarán distintas modalidades como fútbol, natación, ciclismo ou baloncesto e tamén participarán en actividades culturais e visitarán o Aquapark. Ademais como novidade preséntase unha viaxe en barco ás Illas Cíes cun monitor que lles fará unha ruta guiada polas illas.

As prazas repártense en dous turnos, un do 23 ó 28 de xuño e outro do 30 ó 5 de xullo. Os interesados en obter máis información poden acudir ás oficinas do club polas tardes, chamar ó 630 078 398 ou enviar un correo electrónico a campusmilaarrobagmail.com. A data límite de inscripción é o 20 de xuño.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva