Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo martes 10 de xuño ábrese o prazo para inscribirse na XIII edición dos Cursos de verán de Educación Vial organizados polo Concello de Lugo


# Venres, 06/06/2014
As inscripcións poderán facerse ata o 21 de xuño na oficina de Atención ao Cidadán, no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero, e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, deron a coñecer esta mañá a programación dos XIII Cursos de verán de Educación Vial.

Según destacou a Concelleira de Educación, as inscripcións poderán facerse do 10 ao 20 de xuño na oficina de Atención ao Cidadán (Seminario Menor), no Parque Infantil de Tráfico (Antiga Frigsa), ou na Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo (Avd. Ramón Ferreiro) e non será preciso solicitar cita previa para facer a inscrición. Para formalizar a inscripción será necesario achegar unha fotocopia do DNI ou do Libro de Familia xunto coa solicitude cuberta e a autorización familiar.  

Pola súa parte, Paula Yubero, incidiu na importancia que ten que todas as administracións se involucren á hora de ensinar educación vial aos máis pequenos xa que é a etapa na que se aprende a respetar e na que se coñece as normas de circulación.

O Director do PIT, José Reigosa, explicou que estes cursos están dirixidos a nenos e nenas de oito a catorce anos, en karts e bicicleta, e de 15 e 16 anos, en ciclomotor. O obxetivo salientou Reigosa é formar aos rapaces e rapazas lucenses para que coñezan as normas de circulación e fomentar así a seguridade cidadá. Os cursos de verán, destacou o Director do PIT, rexistran unha asistencia media de 200 rapaces e rapazas.

A lista de admitidos e os horarios destes cursos gratuítos serán publicados o día 27 de xuño no Taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico e na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es e na Xefatura Provincial de Tráfico.

As clases teóricas e prácticas, que darán comezo o 30 de xuño, desenvolveranse nas instalacións do PIT (Antiga Frigsa) en grupos non superiores a 15 alumnos que serán agrupados por idades. Os horarios serán de mañá, de 10.30 a 13.00 horas, e de tarde, de 17.00 a 19.30 horas. A clausura dos cursos está prevista para o 30 de xullo ás 12.00 horas no PIT coa entrega de diplomas e agasallos aos participantes.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova