Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE Á SELECCIÓN DE LUGO DE FÚTBOL 11 FEMININO SUB-14 QUE VEN DE GAÑAR A COPA GALICIA


6/6/2014

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, recibiron esta tarde á selección provincial de Lugo de fútbol feminino  que se proclamaron vencedoras do Campionato Galego de Selecciónos Comarcais sub-14.

A final do Campionato xogado hai poucos días en Santiago enfrentounas á selección de Vigo á que lle ganaron por 2-1.

López Orozco despois de darlles a noraboa sinalou que “esta rapazas están contribuíndo ao cambio de mentalidade na sociedade para que o fútbol sexa un deporte para todos”. Tamén lles lembrou a importancia de seguir cos estudios ademais de xogando ao fútbol.