Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As asociacións Terra Copora e Caetra realizarán actividades en colaboración con ASORLU e ONCE durante o Arde Lucus


# Venres, 06/06/2014
Carmen Basadre tamén deu a coñecer que xa están dispoñibles no Centro de Interpretacion da Muralla e na ONCE programa en braille do Arde Lucus

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Lorena Novo, Resposanble Xuvenil de Asorlu, Roberto Doval, Delegado da ONCE en Lugo, Anabel Saulo, de Terra Copora, e Manuel Guitar da asociación Caetra, presentaron esta mañá as actividades que se van a realizar entre as catro asociacións para que as persoas con deficiencia visual e auditiva poidan desfrutar do Arde Lucus.

Carmen Basadre explicou que “queremos que o Arde Lucus sexa unha festa para que poida desfrutar todo o mundo e por iso nos pareceu moi boa idea a colaboración das dúas asociacións con Asorlu e coa ONCE para facer actividades específicas para os seus usuarios”. “Trátase de romper barreiras e por algo se empeza” sinalou a Concelleira de Cultura que tamén lembrou que “xa está dispoñible o programa do Arde Lucus en braille tanto no Centro de Interpretación da Muralla como na sede da ONCE e durante os días da festa no stand do Concello que estará no Macellum”.

A asociación Caetra Lucensium realizará actividades específicas para os membros da ONCE durante o sábado 14 de xuño no seu campamento. Manuel Guitar explicou que en grupos pequenos todas as persoas con deficiencia visual poderán coñecer e realizar os diferentes talleres que terán en marcha como son o de acuñación da moeda, un taller de armamento, un taller de escritura en papiro e cera ou no taller olfativo de comidas romanas. “A idea é ir explicando e que eles experiemente co tacto as diferentes actividades que realizamos para que coñezan mellor o traballo que desenvolvemos” segundo explicou o representante da asociación Caetra.

Por outro lado, a asociación Terra Copora colabora coa sección xuvenil de Asorlu e da Federación de Persoas Xordas de Lugo para que durante o sábado 14 pola mañá poidan coñecer de primeira man as actividades que realizan. Así, acompañados de intérpretes, os membros da asociación realizarán unha visita guiada ao campamento no que se lles explicará como eran os procesos textís, poderán participar en obradoiros de xoiería castrexa ou no Hospital Militar de Campaña que teñen segundo indicou Anabel Saulo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova