Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Dúas empresas do CEI-Nodus invitadas a participar no #InLugo14, o Congreso de Cultura Dixital e redes sociais organizado pola Deputación


# Venres, 06/06/2014
Trátase das empresas Didimox e Air-e que están na vangarda das novas tecnoloxías


A Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos, que dirixe Sonia Méndez, informa da participación de dúas empresas instaladas no CEI-Nodus no II Congreso de Cultura Dixital e redes sociais #InLugo14, organizado pola Deputación provincial e que se celebra hoxe e mañá no Pazo de San Marcos.

No Congreso foron convidados a participar, na xornada de mañá, representantes das empresas Didimox e Air-e, ambas as dúas con sede no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

Na sesión de mañá intervirá Elio Laureano, da empresa Didimos. A súa intervención terá lugar ás 10.45 dentro da sesión  que leva por título “Lugo na rede”. Presentación de empresas iniciativas e proxectos relacionados coa rede e con ADN lucense.

E pola tarde, ás 18.30, será o turno para Air-e Lugo, que estará presente na actividade en “O bó, se breve…8 ponencias de 15 minutos”.

Didimox

Elio Laureano, estudante de Doutorado da USC e máster en Dirección de Emrpesas pola mesma universidade, e, sobre todo, emprendedor tecnolóxico e cofundador, xunto a Romell Jaramillo e Alejandro Novas, de Brox Technology, unha consultora informática especializada no desenvolvemento de apps, en proxectos de tecnoloxía aplicados ós negocios, ebusiness e marketing dixital.

De entre os seus últimos proxectos destaca Didimox, unha plataforma musical que ten como misión contribuir á difusión, recoñecemento de grupos e artistas musicais noveis, brindándolles as ferramentas necesarias para xestión da creación, promoción e distribución de contidos dixitais e achegalos ó seu público obxectivo. É dicir, como se lle chegou a nomear, unha especie de Spotify lucense para a promoción de música indie.

Nesta rede, os fans teñen a posibilidade de descargar a súa música de xeito gratuíto e de votar pola canción, grupo ou artista preferido. Grazas a esta dinámica de votación, Didimox facilita a realización de concertos co apoio de patrocinios nas cidades onde tiveron maior aceptación os artistas, coa finalidadde de difundir e apoiar o seu traballo.

Air-e Lugo

Os drones chegaron do futuro para quedarse entre nós. Dende gravar panorámicas inimaxinables a ampliar a cobertura da Internet a todo o planeta, pasando polas inmensas posibilidades que estes trebellos ofrecen ó mundo do celuloide. Neste campo hai una empresa lucense que se adica de xeito pioneiro a filmar a vida a vista de dron.

Trátase de Air-e Lugo, unha produtora audiovisual especializada na captación de vídeo e fotografía aéreas. Está impulsada por Rubén García e Nacho López, dous xóvenes profesionaisi de contrastada experiencia no mundo da comunicación e a imaxe. Entre os seus elementos distintivos sobresae a captación de imaxes aéreas mediante aparellos multirrotor, tipo AG-X8.

Esta tecnoloxía permítelle achegar a todos os seus traballos unha maior creatividade, axilidade e rapidez, sobre a base duns planos ata agora imposibles ou moi custosos de obter.

A utilización de cámaras dixitais de gama alta, tipo DSLR, vídeo HD ou microcámaras, permiten obter imaxes realmente incribles, como o espectacular O Cebreriro nun día de nevarada ou un rally dende unha nova perspectiva.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova