Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e as organizacións sindicais poñen en marcha o Pacto Local polo Emprego para sumar esforzos na loita contra o paro


# Venres, 06/06/2014
O Concello contará coa colaboración dos sindicatos no desenvolvemento do plan Lugo Emprego Activo 2, cofinanciado pola UE, e que xa deu formación e unha beca a 105 persosas desempregadas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe a primeira reunión do Pacto Local polo Emprego, celebrada na Casa do Concello, na que participaron a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, e os representantes dos sindicatos Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores e Converxencia Intersindical Galega.

O Alcalde explicou que o Concello de Lugo tomou a decisión de liderar o Pacto polo Emprego porque a súa máxima preocupación neste momento é o problema do paro e a situación na que se atopan os veciños e veciñas que non teñen traballo.

Por este motivo e, dado que a administración con competencias en políticas de emprego, que é a Xunta de Galicia, parece que tirou a toalla e acabou cos Pactos Territoriais polo Emprego, o Concello de Lugo tomou a decisión de retomar este instrumento de coordinación cos axentes sociais nos programas de formación que desenvolve a administración municipal grazas ós fondos que nos achega a Unión Europea.

Para o Concello de Lugo, a colaboración nesta materia cos sindicatos é moi importante, xa que son quen mellor coñece a situación e as necesidades en materia de formación das persoas desempregadas e tamén considera o Goberno local que os Pactos polo Emprego son unha ferramenta eficaz, por iso decidiu xuntar esforzos con CCOO, UXT e CIG para darlle continuidade ó Pacto de Lugo, agora cunha estrutura municipal.

O Alcalde tamén explicou que o Concello propuxo sumar ó Pacto local polo Emprego outras entidades como poden ser a Cogami, a Cruz Vermella, a Asociación de Mulleres Empresarias ou Asociación de Xóvenes Empresarios.

Nesta primeira reunión do Pacto Local polo Emprego de Lugo os participantes reiteraron a súa vontade de traballar para fomentar a empleabilidade, a inclusión social, o espíritu empresarial e para facer unha xestión coordinaria dos recursos que se destinan ó emprego no municipio de Lugo.

A primeira acción na que intervirá o Plan Local polo Emprego é nun importante proxecto de formación que está a desenvolver o Concello a través do Departamento de Desenvolmento Local, o proxecto Lugo Emprego Activo 2, que conta cun orzamento total de 1,5 millóns de euros, cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo, a través do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego”.

Ata o momento executouse unha primeira fase na que se impartiron sete accións formativas cun total de 105 alumnos beneficiarios, tanto desempregados como pertencentes a colectivos con especiais dificultades de inserción (maiores de 45 anos, mozos menores de 30 anos, persoas desempregadas de longa duración e outros colectivos en risco de exclusión social).

Este proxecto do Concello financiado pola UE facilitou que esas 105 persoas melloraran a súa formación e que, ó tempo, percibiran unha beca por asistencia os cursos.

En breve vaise iniciar a 2ª fase, na que se impartirán os seguintes cursos:

-Para desempregados en xeral (itinerario A) haberá 3 cursos: de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, impresión dixital e coidador de persoas dependentes e enfermas de alzheimer.

-Para colectivos con especiais dificultades de inserción (itinerario B) serán 4 cursos: operacións básicas de cátering, acabado de carpintería e moble, operacións básicas de restaurante e bar e de operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas.

E tamén está en marcha o concurso da contratación docencia da 3ª e 4ª fases do proxecto que sumarán outras 14 accións formativas (Lugo Emprego Activo 2 remata o 30 de setembro de 2015).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova