Cargando....
Concello de Lugo
05/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

EVISLUSA cambiará a súa sede á terceira pranta do Uxío Novoneyra


# Luns, 09/06/2014
Este traslado permitirá ampliar a zona de servizo do Mercado Municipal Quiroga Ballesteros

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, comunica que a Empresa municipal da Vivenda e Solo, EVISLUSA, trasladará as súas instalacións nas próximas semanas á terceira pranta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

EVISLUSA deixará as súas instalacións actuais que pasarán a formar parte do Mercado municipal, no que se acometerán obras de reforma con cargo ó Plan Urban.

Para acondicionar as novas instalacións de EVISLUSA, farase unha reorganización de oficinas co fin de que se poida prestar o mellor servizo ós cidadanas. As obras de acondicionamento empezarán nos próximos días, teñen un presuposto de 7.000 euros e foron adxudicadas hoxe pola Xunta de Compras á empresa Obras y Servicios Lugo.

As antiguas dependencias de EVISLUSA pasarán a formar parte do Mercado e acondicionaranse coas obras que comezarán este mes. A idea é que empecen na segunda quincena, despois do Arde Lucus.

Deste xeito, amplíase o Mercado municipal que pasará a estar dotado cunha nova zona de servizo para os titulares de postos, na que poderán gardar contenedores e outro mobiliario, co que se dá resposta a unha vella demanda dos placeiros. Estas dependencias quedarán conectadas co Mercado.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova