Cargando....
Concello de Lugo
16/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello fará obras de mellora en Anguieiro, o río Fervedoira, a Ponte e Carballido-As Regas


# Martes, 10/06/2014


A Concellería de Infraestruras e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, investirá 13.800 euros na obra de canalización soterrada e cunetas en Anguieiro (Bosende). O obxectivo desta actuación é resolver un problema que afectaba a fincas situadas a carón da estrada que se asolagaban en épocas de moita chuvia, chegando a afectar ás vivendas. Con esta obra, darase solución a este problema xa que se vai instalar unha canalización con maior diámetro para a recollida de pluviais.

Infraestruras e Zona Rural investirá, tamén, 9.584 euros na obra "Bionda na ponte sobre o río Fervedoira, na estrada acceso a Astrar dende a N-640". Este proxecto consiste na instalación dunha varanda quitamedos na ponte para mellorar a seguridade de vehículos e peóns nesa zona. Coa obra aténdese unha petición veciñal que contou co informe favorable da Policía Local.

Outras obras que comezarán nos próximos días, unha vez que a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, asinou os respectivos contratos, son a rexeneración do pavimento da estrada Vella da Ponte, obra adxudicada á empresa Ponciano Nieto cun presuposto de 64.528 euros e a mellora do acceso de Carballido-As Regas, que fori adxudicada á empresa Proyecon Galicia cun presuposto de 83.350 euros e un prazo de execución de dous meses. 
 
Por outra parte, a Xunta de Compras, autorizou na súa última reunión a compra de materiais necesarios para o mantemento do alumeado público da zona rural, por un importe de 4.179 euros.

E o Concello tamén adxudicou nos últimos días a adquisición dos equipamentos para os bombeiros á empresa Axaton cun presuposto de 33.956 euros. O prezo de licitación fóra de case 57.000 euros. E a empresa disporá dun prazo de 77 días para facer a entrega. Neste procedemento aberto o Concello convocou a contratación da subministración de equipamento de uniformidade de intervención para o Corpo de Bombeiros, consistente en 51 equipos de chaquetón e cubrepantalóns.
 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova