Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aumenta en case 230.000 euros o investimento adicado a programas sociais


# Martes, 10/06/2014
O Goberno local investirá máis cartos para dar atención ós beneficiarios de Emerxencia Social, Axudas para Aluguer e Xantar no Fogar

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
As Concelleiras de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciaron hoxe que o Concello de Lugo reforzará este ano o presuposto destinado a políticas sociais cunha nova partida de 227.870 euros.

A Concelleira de Benestar Social explicou que o Goberno local decidiu aumentar o presuposto para atender as necesidades das persoas beneficiarias dos programas de Emerxencia Social, Axudas para Aluguer e Xantar no Fogar, xa que os usuarios destes programas sociais son as persoas que máis están a sofrir as consecuencias da crise.

Ana Gonzalez Abelleira salientou que “o Goberno local demostra a súa sensibilidade social con feitos, non con palabras” como o demostra que, desque comezou a crise, o Concello de Lugo multiplicou por catro os cartos adicados a Emerxencia Social e tamén duplicou o diñeiro que inviste en Axudas ó Alugueiro.

Este ano, o Goberno local tomou a decisión de incrementar en 227.870 euros os cartos que adica a estas partidas sociais, que se distribúen do seguinte xeito: 101.269 euros son para reforzar o gasto en Emerxencia Social, o que supón un incremento do 63% sobre o presuposto inicial, que pasa a ser de 261.269 euros; 66.609 euros máis son para aumentar o presuposto de Axudas ó Aluguer, cifra que representa un incremento do 23% de maneira que esta partida pasa a ter un importe de 356.108 euros, co que se poderá sacar unha nova convocatoria de achegas da que se beneficiarán 270 persoas, e, por último, para o programa de Xantar no Fogar adicanse outros 60.000 euros, o que representa un aumento do 81%, xa que pasa a ter un presuposto total de 133.537 euros, de xeito que se poderán distribuir 1.921 menús ó mes.

A Concelleira de Benestar Social incidiu en que, dende o Concello de Lugo, “estamos a facer o traballo que lle correspondería atender á Xunta de Galicia, que acumula grandes retrasos no pago do RISGA e leva dous anos sen convocar as axudas do plan Aluga, o que significa que abandonou as políticas sociais e está a dar a espalda ás persoas sacrificadas pola crise”.

Pola súa parte, a Concelleira de Economía asegurou que “este é o mellor destino que se pode dar ós cartos públicos” e explicou que, para reforzar o investimento municipal en axuda ás persoas que máis padecen a crise, o Goberno local decidiu facer unha modificación orzamentaria e empregar recursos que inicialmente estaba previsto adicar a cofinanciar o proxecto Smart City, porque o Concello segue esperando resposta do Goberno central para o financiamento deste plan.

Sonia Méndez indicou que “como temos información de que a financiación do Goberno se retrasará ata o ano que vén, non queremos ter estes cartos parados ante a situación social que se está a vivir porque o Concello non ten obxectivo de facer peto sen ningún destino senon mover o diñeiro a favor das persoas que máis o necesitan”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova