Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este verán volven as actividades de xadrez na rúa e na piscina exterior de Lugo


# Martes, 10/06/2014
Xadrez, lectura e diversión únense no verán lúdico co Concello de Lugo e Xaquedrum

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, e o Presidente de Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro, presentaron esta mañá as actividades de verán de xadrez.

Esther Muñóz lembrou que a función destas actividades é crear alternativas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e este tipo de iniciativas son importantes para a aprendizaxe dos nenos e nenas xa que contan con monitores que lles ensinana o xogo do xadrez ou poden usar a biblioteca itinerante.

“Cada vez máis, estas actividades teñen moito éxito e son moitos os nenos e nenas que se achegan a participar nas mesmas ademais de que teñen un interese familiar porque poden compartir cos seus pais e nais diferentes momentos de ocio dunha maneira máis divertida” segundo explicou a Concelleira de Educación.

O programa de Verán Lúdico, que se desenvolve como en edicións pasadas na piscina exterior de Frigsa, comezará o 1 de xullo con actividades en horario de 16 a 18 horas. A partir do día 16 de xullo e ata o 29 de agosto o horario será de 16.30 a 19.30 horas. Estas actividades están destinadas aos usuarios da piscina, son de balde e contan cunha biblioteca de verán, un punto axedrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa como o parchís ou o dominó.

Desta maneira, as persoas que se acheguen ás piscinas exteriores poderán desfrutar do préstamo gratuito de libros, da oportunidade de aprender técnias de xadrez con monitores e de desfrutar con xogos de mesa.

Pablo Castro tamén explicou que outra das actividades que se vai a celebrar este verán é a Viaxe pola Historia do Xadrez co obxectivo de achegar esta actividade e a lectura a diversos barrios da cidade  e que teñen un gran éxito de participación. Así, a semana do 1 ao 7 de xullo entre as 19 e 21 horas na Praza da Milagrosa e na semana do 8 ao 15 na Praza do Castiñeiro tamén de 19 a 21 horas haberá partidas de xadrez, de xadrez xigante e unha biblioteca itinerante.

Ademais, entre os días 23 e 27 de xuño haberá cun campamento de xadrez no Lug II dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos e que xa ten as corenta prazas cubertas.

Xa de cara ao mes de setembro tamén se realizarán campañas de promoción do xadrez na Praza Maior con partidas de xadrez xigante e convencionais e o baúl viaxeiro.Nestas actividades tamén colaboran Sogama, Telelugo, Fornos Fernando Valín, a Escola Luguesa de Xadrez e Confecciones Yute.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova