Imprimir

A GAÑADORA DO II CERTAME DO CONCURSO DE LATÍN É DE MURCIA


10/6/2014

Dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, infórmase do fallo do II Certame SEC LVDVS LITTERARVM LVCVS CVLTVRAL no que se premiaba o mellor traballo escrito en latín e que falase da cidade de Lugo.

Asi na categoría de 18 a 28 anos a gañadora foi Aurora Amorós Fernández de Murcia coa obra Concordiae Civitas e que ten un preio de 300 euros. Na  categoría, de 14 a 17 anos que quedou deserta porque as obras presentadas non se axustaban as bases do concurso.

Con esta iniciativa trátase de promover o coñecemento e cultivo da língua latina da que procede o noso romance galego. O certame está dirixido a mozos de entre 14 e 28 anos de idade, de calquera nacionalidade, que deberán presentar relatos inéditos escritos en latín e que traten sobre a fundación da cidade de Lugo