Cargando....
Concello de Lugo
30/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta mañá presentouse o XIII Curso de Verán de Piragüismo organizado polo Concello de Lugo e o Club Fuvial


# Mércores, 11/06/2014
O próximo sábado 21 de xuño terá lugar a XXIV Trofeo de Natación Cidade de Lugo que reunirá a preto de 350 nenos e nenas

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Luis Gregorio Ramos Misioné, directivo do Club Fluvial, Jose Antonio Fernández Mus, encargado da sección de piragüismo e Jaime López, da sección de natación presentaron os cursos de piragüismo organizados polo Concello de Lugo e a entidade lucense que permitirá aos rapaces e rapazas de a partir de 8 anos iniciarse neste deporte tan arraigado na cidade.

O Concelleiro explicou que esta actividade permitirá aos participantes disfrutar dunha contorna natural do Miño e, ademais, facer exercizo. Díaz Grandío lembrou que destes cursos saíron algúns dos grandes piragüistas cos que conta a cidade e que acadaron grandes éxitos como Campionatos Nacionais.

Os interesados en participar deberán saber nadar como mínimo 50 metros, e poden recoller a solicitude de inscrición nas oficinas da Concellería de Deportes ou no Club Fluvial

Os cursos terán lugar de luns a venres nos meses de xullo e agosto en horario de mañá de 12.00 a 13.00 horas e de tarde en dous turnos: de 17:00 a 18.00 horas e de 18:00 a 19:00, ademais, durante a primeira quincena de setembro haberá un turno de 17:00 a 19:00 horas.

Para obter máis información pódese chamar ao teléfono da Concellería de Deportes: 982 297 423 ou ao teléfono do Club Fluvial 982 221 167.

Campionato Natación

Na rolda de prensa tamén se presentou o XXIV Trofeo de natación Cidade de Lugo que se vai disputar o sábado día 21 de xuño nas instalacións do Clube Fluvial.

Haberá tres categorías: benxamín, alevín e infantil, nas modalidades masculina e feminina e as idades están comprendidas entre 8 e 14 anos.

Nas categorías benxamín e alevín as probas serán de 50 metros nos estilos mariposa, espalda, braza e libres. E na categoría infantil serán de 100 metros tamén nos estilos mariposa, espalda, braza e libres. A competición rematará cunha proba de relevos 6x50 metros libres, na que cada equipo participará cun nadador de cada unha das categorías.

Na competición van participar preto de 300 rapaces de toda Galicia que pertencen a 10 os clubes inscritos. O trofeo desenvolverase en sesións de mañá e tarde. As probas comezarán ás 11.00 e pola tarde ás 16.30.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova