Cargando....
Concello de Lugo
07/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello licita a primeira fase das obras de modernización da Praza de Abastos cun presuposto de 394.000 euros


# Mércores, 11/06/2014
 As obras de remodelación do Mercado Quiroga Ballesteros empezarán a semana que vén e rematarán en outubro




Imaxe Asociada
 Os dous proxectos para modernizar a Praza e o Mercado serán financiados con fondos do Plan Urban

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou a licitación da primeira fase das obras de remodelación da Praza de Abastos, que foi aprobada hoxe pola Xunta de Goberno Local. 

A primeira fase das obras para a reforma e modernización da Praza de Abastos convocase mediante concurso aberto e sae a licitación cun presuposto de 394.009 euros e un prazo máximo para a execución dos traballos de dos meses e medio.

Nesta primeira fase, os traballos van consistir no cambio da cuberta do edificio, atendendo á solicitude de darlle prioridade que fixeron os industriais, e na adecuación exterior do edificio, no que está previsto actuar sobre todo na fachada de Santo Domingo, xa que se vai refacer a entrada á pranta semisoto para dignificala. Nesta actuación tamén se inclúen os traballos para a creación dun ecoespazo e de locais para oficina municipal e da asociación de comerciantes.  

A modernización da Praza de Abastos é unha das intervencións previstas para a zona que se van executar ó abeiro do Plan Urban, que conta con cofinanciación ó 80% da Unión Europea, así como con fondos achegados polo Concello de Lugo e a Deputación provincial. 

Neste plan tamén se inscriben actuacións como a remodelación do Mercado Quiroga Ballesteros, que é a obra máis inminente; a humanización da rúa Quiroga Ballesteros, a creación dunha páxina web para que os praceiros poidan vender os seus produtos por internet ou o Plan de Cor para os edificios desta área do Casco histórico.

Remodelación do Mercado Quiroga Ballesteros

O Voceiro do Goberno local tamén anunciou que a semana que vén comezarán as obras de remodelación do Mercado municipal de Quiroga Ballesteros. 

A intervención prevista para a modernización do Mercado comezará na zona que ocupaba a empresa municipal EVISLUSA, que vai trasladar a súa sede á terceira pranta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra. 

Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Manuel Núñez, mantiveron onte un encontro cos comerciantes do Mercado e coa empresa adxudicataria das obras, que rematarán no mes de outubro.

Na xuntanza, acordouse o calendario para executar as obras co fin de minimizar todo o posible o impacto que terán na actividade comercial. 

Dacordo coa planificación que se fixo, o Mercado pechará durante tres semanas no mes de setembro e polas tardes durante o mes de agosto.  


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova