Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello aproba un convenio coa Deputación para mellorar os accesos ó Veral


# Mércores, 11/06/2014


Imaxe Asociada
 O Concello aproba un convenio coa Deputación para mellorar os accesos ó Veral


O Goberno local aprobou este mércores un convenio coa Deputación provincial para a execución de obras de mellora nos accesos ó Veral.

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu conta da aprobación esta mañá pola Xunta de Goberno Local, fóra da orde do día, dun convenio coa Deputación provincial para a realización destas obras, que terán un presuposto de 18.800 euros.

O Concello redactou o proxecto desta actuación e a execución da mesma correrá por conta da Deputación provincial, dacordo co convenio ó que lle deu o visto e prace a Xunta Local de Goberno. 

 Outros acordos

Na sesión celebrada esta mañá, a Xunta Local de Goberno tamén aprobou unha licenza de reforma e acondicionamento dun local para boleira na primeira pranta do novo Centro Comercial na zona de Abella. 

Ademais aprobouse o uso en precario durante un ano de varios locais municipais a distintas asociacións. A proposta da Concellería de Benestar Social e Igualdade autorizouse o uso en precario de locais na Casa Poeta María Mariño de Asociacións de Interese social ás entidades Asociación de Ayuda a Enfermos Crónicos e á Liga Reumatolóxica Galega: Loita contra o Reumatismo. E a Concellería de Servizos Xerais propuxo dar autorización á Asociación de Veciños Irmáns Pedrosa posada e Francisco Norte Remón para o uso en precario do local social sito na praza das Illas, 3, en horario de 9 a 17 e de 16 a 20 horas, todos os días da semana para a realización de diferentes actividades.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova