Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta mañá presentouse oficialmente un novo clube de fútbol sala o Lugo Sala A.D.C.


# Mércores, 11/06/2014
Marcos Pereira e Diego Rios encabezan este novo proxecto deportivo dirixido ao fútbol base de entre 4 a 15 anos

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, acompañado por Manuel Otero, Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, e por Marcos Pereira e Diego Ríos, promotores do equipo, presentaron esta mañá un novo equipo de fútbol sala da cidade, o Club Lugo Sala A.D.C.

Díaz Grandio manifestou que sempre é unha boa noticia a creación de novos clubes na cidade e sinalou que “como Concello ofrecemos todo o apoio posible neste tempo de dificultades ben sexa a través de liñas de subvención ou coa cesión das instalacións polideportivas”.

Pola súa parte, Marcos Pereira, sinalou que o Lugo Sala é un equipo que nace coa intención de ofrecer unha alternativa no fútbol sala da cidade para categorias base de 4 a 15 anos e traballar cos rapaces e rapazas para difundir e consolidar valores, respeto e compañeirismo, fundamental para ser un bo deportista. Este novo proxecto deportivo está capitaneado por especialistas en fútbol sala como son Diego Rios, Manuel Martinez, Xavier López, Luis Abel Taboada, Miguel Muñóz ou o propio Marcos Pereira. O equipo está patrocinado pola empresa Frisaqués e a tenda Legea Sport.

O primeiro evento creado polo Club Lugo Sala A.D.C. será no próximo mes de setembro, os días 3, 4 e 5, co I Campus Lugo Sala onde os participantes practicarán o fútbol sala e haberá distintas actividades de animación. Neste caso será gratuito para os socios. Toda a información a maiores sobre como formar parte deste clube de fútbol sala pódese atopar en www.lugosala.com .


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova